Mais aló do bruar do vento,
cando a Lua debuxa
a cor dos eidos,
encontréi o mes soño dourado,
coma un froito
esquecido no chan.
Coa brétema nos ollos,
collo un fardo de brisas,
e soño cun trono de olivos,
con tesouros de estrelas,
e narcisos en flor.
Mais aló do bruar do vento,
no esplendor da solaina,
o dia tece
lazos brancos,
“derredor do meu corpo espido”